Entrevista a Xaquín Lourenzo

Inicio / Podcasts / Entrevista a Xaquín Lourenzo

Protagonistas relacionados

Escoitar podcast

Fragmentos seleccionados

01 Cuevillas, Risco e Otero fixeron de min un home que comprende que na vida hai unha misión, e que a miña, por sentimento, era Galicia; ou mellor: os galegos

A Ourense chegaban persoas como Don Marcelo Macías, figura extraordinaria que chegou como profesor de literatura no Instituto, e arraigou. Igual D. Xesús Soria, Ferro Couselo… Sen ser de Ourense, convertíanse en ourensáns.

02 Eu non queria estudar en Madrid. Fomos meu irmán e màis eu para Santiago, e caímos no Seminario de Estudos Galegos, onde nos acollleron. Só nos preguntaron se queriamos traballar por Galicia

Fixen un carriño de madeira co nome das pezas, e Cuevillas chamoume para que fixese un traballo sobre o carro, do que logo se fixo unha película con campesiños de Lobeira. Só un daqueles protagonistas queda vivo.

03 Na guerra, o primeiro ferido fun eu mesmo. As miñas balas non lle fixeron mal a ninguén. Os demais feridos vinos nos hospitais onde se traballaba para salvar vidas

Este momento recórdame a cantiga “O carballo da Portela / xa non ten folla ningunha / porque llas levou o vento / pouco a pouco, unha a unha”. Eu son agora ese vello carballo que xa non ten follas, pero consólame pensar que esas follas foron fertilizando a terra que tiña arredor.

04 Somos os albaceas testamentarios da Xeneracion Nós, que depositaron todo en nós, e temos a obriga de transmitilo

Está amencendo un día marabilloso. Nós, contamos por días e anos; a historia conta por séculos. Esta xuventude de agora está facendo cousas marabillosas, e o motor que os move é o amor por Galicia.

05 Se alguén pensa en min algún día, que pense que cheguei ao cabo da miña vida coas mans cheas de traballo por Galicia… Os talentos que Deus me deu, entregueinos por Galicia

Cada vez que nos xuntamos no nome de Galicia, todos os que están formando parte do noso chan están tamén presentes no noso arredor. E eu, a aqueles grandes, síntoos ao meu lado e vexo a cara que pon cada un deles.

Outros audios

Outros audios

Conferencia sobre o Entroido

Xaquín Lourenzo, sobre Rosalía de Castro

Radio Galega: Os nenos do Colexio Lagoas de Ourense entrevistan a Xaquín Lourenzo (21/02/1987)

Citas destacadas

Citas destacadas

Eu non podo tolerar na política o elitismo, o ser cabeza do partido de Don Fulano. Mentres haxa un partido de Don Fulano, non quero nada coa política.

Para min, o campo é Galicia.

Un dos maiores inimigos que tivo o saber popular en Galicia foi o butano, que rematou coa lareira, botou á xente da casa, e aquel coñecemento desapareceu.

Son un fío entre os homes da Xeración Nós e os rapaces de hoxe.

Din clase 45 anos no Colexio Cisneros, e en tódolos sitios atopo antigos alumnos. Rara era a clase na que dalgún xeito non metía o ser de Galicia, porque o profesor que só ensina a súa asignatura, é un mal profesor.

Teño tido o desexo de fundirme coa paisaxe e desaparecer; converterme nun elemento da paisaxe, despersonalizarme e incorporarme á paisaxe.

Agás Ribadeo, teño pateado toda Galicia, a vista de ollos, varias veces e con diversos motivos.

Eu síntome novo diante dos novos cando os vexo interesados no que se lles di. Síntome un rapaz que está empezando agora.

O de Xocas non é un sobrenome. Simplemente, é Xaquín, en galego.

Nacín na ourensá Rúa da Paz, fronte a casa onde naceron Vicente Risco e Don Ramón Otero Pedrayo.

Moitas veces fálase de Galicia como terra, pero non da xente que traballa e vive nela.

Ourense, nos meus tempos mozos, era unha cidade máis cordial, máis íntima, máis familiar.

Aquel Seminario de Estudos Galegos era unha gran familia de fillos de Galicia.

Podcast en texto

[transcripcion]