01 A miña vocación de crego foi case casual
Dixo meu pai: "Que vaia para o Seminario, que con iso non se perde nada".
02 Paseinas negras no Seminario de Mondoñedo
E no de Lugo rehabiliteime, téñolle un cariño inmenso.
03 Profesionalmente definíase como “crego”
Nos impresos poñía: Presbítero, Doutor en Filosofía e Letras, e algunha cousa máis como catedrático… ou nada.
04 O espertar do galeguismo
A inquedanza por Galicia comezou no Seminario, con Aquilino Iglesia Alvariño, e o interese polo galego nun ambiente no que estaba prohibido ler a prensa.
05 Paixón polo fútbol
Parei unha tarde cinco penaltis, pero daquela o porteiro podíase mover da portería.
06 Estancia en Vilalba como profesor sustituto
Foi unha etapa feliz, onde tiven por alumno a Manuel Fraga; un rapaciño aínda imberbe, cunha memoria extraordinaria.
07 Vocación polo ensino
Era unha delicia ensinar, desfrutaba ensinando. Pódese dicir que case, case, nacín máis ensinante ca crego.
08 Fun autodidacta porque saín do Seminario cuns coñecementos moi escasos
Empecei a furgar nas ciencias naturais, sobre todo na zooloxía, e todo o que escribín en zooloxía non o lin nos libros, senón que o fixen na práctica.
09 Sobre as Lendas de Galicia
Levei o Premio Pérez Lugín co temas das Lendas, e foi o primeiro premio da miña vida. As lendas entusiasmáronme desde pequeno.
10 Cando alguén me botaba unha man, sentía unha gran felicidade
Cando acoden a min, paréceme que non fago máis ca corresponder ao que outros fixeron comigo.
11 No Seminario era pecado mortal falar en galego
Falabámolo entre nós, e os profesores entre eles, pero ninguén podía falar en galego cun superior.
Enrique Chao Espina fala sobre Viveiro
A maior felicitade para miña nai era ter un fillo crego.
Aquilino Iglesia Alvariño, no Seminario de Estudos Galegos, contaxioume o amor por Galicia.
Empecei a ensinar moi novo no Pósito de Pescadores de Cariño.
Fun autodidacta nas ciencias, e todo o que escribín de zooloxía non era por coñecemento teórico senón pola práctica.
Unha velliña da casa contábame lendas… Sempre me entusiasmaron.
Para proporcionar as experiencias mellores, utilizamos tecnoloxías como galletas para almacenar e/o información de dispositivo do acceso. Aceptando estas tecnoloxías deixarannos para procesar dato como botar unha ollada comportamento ou carnés de identidade únicos neste sitio. Non aceptando ou retirando consentimento, desfavorabelmente pode afectar funcións e características seguras.