Entrevista a Cesáreo Saco López

Inicio / Podcasts / Entrevista a Cesáreo Saco López

Protagonistas relacionados

Escoitar podcast

Fragmentos seleccionados

01 Estivemos meu irmán e máis eu sete anos estudando para cregos

Ao desarrollarse os instintos, consideramos que o Seminario non era o noso sitio. Obedecíamos a Vicente Risco, Otero Pedrayo e algún máis. Con eles empezou o meu galeguismo, no meu tempo ourensán de profesor. Eles concibiron a redención de Galicia polos galegos.

02 A política, na República, era unha moda. Saíase dunha dictadura, e a mocidade tiña un gran desexo de actuar

Un especial alumno no cárcere foi Xoán García Durán. 19 anos, anarquista analfabeto, que chegou a profesor da Universidade da Sorbona, e logo dicía “tiven sorte de ir ao cárcere”.

03 Na clandestinidade, facíase política de previsión, de futuro

Nunca perdemos a esperanza. Queríamos convencernos a nós mesmos de que a ditadura ía durar pouco, que non ía durar sempre.

04 Había quen censuraba a nosa conducta, e quen a alababa

No exercicio da avogacía non tiven ningún problema. Incluso moitos daqueles que non estaban con nós, foron clientes meus na avogacía.

05 Antes, Galicia era un país de caciques. Hoxe hai a conciencia de que Galicia se redimiu

Sigo coa atención posta en todo o importante que se fai en Galicia.

Outros audios

Citas destacadas

Citas destacadas

O dereito ten que ser, antes de nada, humano. Se non serve á xente, non é xustiza.

Formar parte daquela xeración do Seminario de Estudos Galegos foi a maior lección de amor a Galicia que recibín.

O perigo de morte que pasamos, a morte de moita xente, a cadea perpetua, como outras cousas, borróusenos da mente.

Sufrimos a ditadura, pero non nos adherimos a ela.

Na cadea, unha forma de pasar o tempo foi dar clase. A xente viña a elas para superar a estadía na cadea. Era un tempo perdido que se aproveitaba.

A democracia chegou a tempo. Malia a que eu de novo era bastante enclenque, coa democracia funme robustecendo.

Podcast en texto

[transcripcion]