Entrevista a Jacinto Calvo López

Inicio / Podcasts / Entrevista a Jacinto Calvo López

Protagonistas relacionados

Escoitar podcast

Fragmentos seleccionados

01 Empecei a traballar aos doce anos. Habia en Lugo dous cantóns

Un, de cantería, e o outro de area. Por un, paseaban os ricos, e polo outro os pobres.. Ía moito ao Centro obreiro do Campo Castelo, a escoitar. Meu pai era republicano, e parece que aquela semente agromou nos ideais.

02 Daquela o Partido Socialista tiña unha agrupación ben organizada, algún concelleiro e militantes que traballaban polo partido

Nunca quixen ter cargos políticos, si as delegacións dos congresos, cargos na organización… Fun secretario durante cincuenta e tantos anos.

03 No 36 tiven que fuxir, e pasei escondido catorce anos, ata 1950

No 34 os que estivemos implicados na Revolución de Asturias fomos ao cárcere. Era revolucionario en organizar a xente, que votase, militase nos partidos… Nunca empuñei un arma nin xogando.

04 Persoalmente, non espero nada. Politicamente, a maior satisfacción é que a xente vexa que sabemos gobernar

Ser Senador recompénsame todos os esforzos realizados na miña vida política. Cando os compañeiros mo digan, vou para a casa, coa satisfacción de ter servido ao partido e ao país, con todo o esforzo que puiden facer.

05 Imos ben

Xa non agora; de xove, dicía o mesmo: Entre algunhas repúblicas que hai por aí, e monarquías serias como Inglaterra, Holanda e Bélxica, a elección non é dubidosa. Unha monarquía que sirva aos interese do país, hai que respectala. Mentres a monarquía sexa beneficiosa, e o pobo a vote, eu respectareina.

Outros audios

Citas destacadas

Citas destacadas

Veu a Lugo Pablo Iglesias. Eu era un neno, e ía detrás. Vin pasar por Lugo a todos os personaxes importantes da política española.

Non había afán de lucimento como agora. Para chegar ao corazón non fai falla unha oratoria espléndida.

Na miña casa nunca me dixeron nada que me puidese ofender sobre a vida política. Cada un pensaba como quería. Eramos condescendentes e liberais cos demais.

Daquela, o que se metía nun partido de esquerdas, xa sabía o que lle esperaba: sacrificios e máis sacrificios.

Aínda me podo permitir botar un discurso de vez en cando, pero tampouco quero abusar.

Podcast en texto

[transcripcion]