Entrevista a Ánxel Fole

Inicio / Podcasts / Entrevista a Ánxel Fole

Protagonistas relacionados

Escoitar podcast

Fragmentos seleccionados

01 Eu era un neno que facía pillerías

O tío Baldomero ensinoume a ler e escribir. Cando cheguei aos Maristas sorprendíanse mirando para min, coidado que era un neno prodixio.

02 Eu era un entusiasta do cine. Nel, vin a crónica do naufraxio do Titanic

As primeiras películas vinas nun barracón, en Santo Domingo. Como estaba escuro, os nenos pensaban que era unha igrexa, e ao entrar axeonllábanse para rezar.

03 A guerra civil foi un gran tedio. Impresionoume profundamente

Afectoume moitísimo escoitar nunha radio da outra zona a noticia da morte de Antonio Machado en Colliure. Deume unha tristura tremenda.

04 Fun secretario provincial do Partido Galeguista

Por un amaño electoral, deixaron ao partido excluído das eleccións. Non puido, por iso, entrar no Frente Popular, e eu pasei por non ser do frente Popular, cousa que me favoreceu.

05 Gústame a soedade e a conversa. Cada vez me gustan máis

En Terra Brava case son exclusivos os relatos inventados. É un galego en certo modo restaurado. O estudo do galego é interesantísimo.

Outros audios

Outros audios

Ánxel Fole, sobre Álvaro Cunqueiro

Ánxel Fole, sobre Blanco Amor

Ánxel Fole, sobre Celso Emilio Ferreiro

Ánxel Fole, sobre o conflicto galego-castelán

Ánxel Fole, sobre Rosalía

Ánxel Fole, sobre a triple homenaxe recibida

Conversa entre Xulio Xiz, Ánxel Fole e Claudio Rodríguez Fer (organizada polo Grupo Fonmiñá)

Radio Popular: Programa “En Galego” 01 (09/1984)

Radio Popular: Programa “En Galego” 02 (09/1984)

Radio Popular: Programa “En Galego” 03 (09/1984)

Ánxel Fole e Manuel Rodríguez López

Manuel María, sobre Fole no Seminario

Manuel María, sobre a procedencia familiar de Fole

Citas destacadas

Citas destacadas

Eu non fago literatura de laboratorio, fago literatura da vida.

No Courel aprendín máis ca en todos os libros da universidade.

O galego é unha lingua con alma, e esa alma hai que buscala no falar da xente.

Escribir é, en boa medida, saber escoitar antes de coller a pluma.

Había moitos tipos pintorescos que falaban moi ben e aprendéronme a coñecer e querer Lugo.

Gustábame moito escoitar falar en galego. Entroume Galicia pola fala e pola música, o canto e o conto, elementos primitivos da literatura.

Non me atraía a política; atraíanme máis a arte, o vangardismo, a pintura moderna…

O galego aprendino principalmente na aldea. Gustábame moito falalo. Había fenómenos poéticos de gran interese.

En Lugo gústanme mais as prazas ca as rúas. E dous elementos singulares: a muralla e o Miño.

O pobo de Lugo sempre me pareceu moi tolerante e moi propenso ao humor e a gracia.

Santiago paréceme unha cidade fantástica, irreal.

A fala é o que se fala.

Podcast en texto

[transcripcion]