Luís Iglesias de Souza

Inicio / Podcasts / Luís Iglesias de Souza

Luís Iglesias de Souza, nado na Coruña en 1919 e finado na mesma cidade o 2 de febreiro de 1995,[1] foi un escritor galego en lingua galega e castelán.

Traxectoria

Mestre nacional. Pertenceu a Acción Católica, fundando en 1932 a Asociación de Estudiantes Católicos. Crítico de cine e teatro en Radio Nacional de España na Coruña, colaborou en diversas publicacións. Foi finalista do Premio Nacional de Literatura en 1968 con El aguijón. Fundou o grupo La Farándula e foi un dos creadores da Asociación de Amigos da Ópera. Foi membro correspondente da Real Academia Galega de Belas Artes e da Real Academia Galega.

Casou con Encarnación Feijoo Vázquez.

Obra

En galego

Terras, xentes e cousas, 1968 (poemario)
Meu tempo desgaxado, 1970 (poemario)
Nadaliñas, 1972 (poemario)
Vento antergo, 1975 (poemario)
Contos miúdos, 1983 (narrativa infantil)
Un conto tódolos días, 1987 (narrativa infantil)
As alaudas do mencer, 1989 (narrativa)
As historias da abella Traamunda. Nova Galicia, 1990. (Narrativa infantil).
As historias do anxo azul. Nova Galicia, 1991. (Narrativa infantil).
O vello das pombas. Everest Galicia, 1998. (Narrativa infantil).

En castelán

Breviario melancólico (1974)

Recoñecementos

Medalla de ouro ao mérito artístico e cultural do Concello da Coruña.