Entrevista a Ramón Martínez López

Inicio / Podcasts / Entrevista a Ramón Martínez López

Protagonistas relacionados

Escoitar podcast

Fragmentos seleccionados

01 Cotarelo Valledor foi o primeiro profesor que se atreveu a andar cos alumnos por debaixo dos soportais das rúas

A miña vocación galeguista naceu na Universidade polo contacto co Seminario do Estudos Galegos e a Xeración Nós. Chegamos á política por unha inquietude intelectual e a necesidade de modernizar Galicia.

02 Como catedrático no Instituto de Lugo, pasei tres dos anos mellores da miña vida

En Lugo tiven ocasión de relacionarme con xente incrible, como García Lorca, que pasou unha noite na miña casa con Ánxel Fole.

03 Bóveda é un home esquecido, pero foi o guiador e o mestre

A guerra estropeou todo, desfixo o noso labor. Matouse a moitos galeguistas. Fusilouse de xeito canallesco a Bóveda. Outros, fómonos. Andábanme buscando, e puiden pasar a Portugal coa axuda do alcalde falanxista de Salvaterra.

04 En Austin, Texas (USA), dirixín 17 teses doutorais de carácter filolóxico galego. Nunca desconectei da realidade do País

Moitos quedaron no exilio por razóns familiares. Eu tardei doce anos en conseguir que a miña muller se reunise comigo. Non quería para a miña filla unha vida fóra, quería voltar. E cando volvín, non me preguntaron nada e recobrei a nacionalidade.

05 Castelao é un símbolo de unidade e futuro para todos os galegos

Como Presidente da Fundación Castelao, pido a todos que o lembren neste ano do Centenario. El, hoxe, sería feliz con todos nós.

Outros audios

Citas destacadas

Citas destacadas

Tiña dezaseis anos e xa publicaba cousiñas nos periódicos.

Nós fomos á política por unha razón intelectual… Galicia precisaba dunha configuración intelectual que só se lle podía dar de xeito moderno.

Encontramos na revista Nós xeitos modernos para comprender a Galicia dende o punto de vista internacional e universal.

Chegou Cambó con Salvador Cabeza de León ao Seminario de Estudos Galegos e preguntounos que tiñamos de Brañas. Dixémoslle que “todo”, e daquela afirmou que sen Brañas non habería nacionalismo teórico en Cataluña.

Podcast en texto

[transcripcion]