01 Esquezo facilmente as cousas desagradables. Os recordos que conservo son sempre cousas boas
En Santiago, no Instituto, gustábame moito a mineraloxía e por iso o meu avó púxome no xardín un laboratorio no que empecei a ter reactivos, minerais, a facer reaccións… Sempre fun moi afeccionado a ler cousas de ciencia.
02 En Galicia non habia estudos oficiais de química. Estudiei aleman e fun á Facultade de Madrid
Aínda estudando o doutorado, creouse a Facultade de Químicas en Santiago e convocouse unha praza de profesor auxiliar. Fun profesor en Santiago trece ou catorce anos. Alí empezou a espertar en min o estudo das cousas e das pedras de Galicia.
03 Empecei a coller pedras e a estudalas, sen ter conciencia do que tiña que facer
Un libro de xeoquímica, que empezaba a coñecerse entón, abriume os ollos. Empecei a analizar iodo, e foi o primeiro análise que puiden facer das algas galegas. Con ese traballo entrei no Seminario de Estudos Galegos. Nunca estiven adscrito a un Partido político. Todos sabían que eu era un rapaz de ideas avanzadas, galeguistas; por iso máis adiante me castigaron.
04 Chegaron a facerme un proceso acusandome de drixir o Partido Galeguista xunto con Castelao
No 1939 concedéronme o Premio Alonso Barba polos traballos publicados no Seminario de Estudos Galegos, e logo nos Anales da Sociedad Española de Física e Química. Xeolóxicamente formeime en Suíza, traballando cun dos mellores xeoquímicos do mundo, e cando volvín xa tiña feito un traballo importante. Pero a Guerra cruzouse polo medio e botáronme da Universidade.
05 O comezo do estudo xeolóxico de España non foi obra da Universidade, senón do Instituto Xeolóxico e Mineiro de España
Volvín a Laxe, onde nacera, e cambiei á Xeoloxía. A familia tiña parte na empresa de caolíns, déronme a dirección, e tiña tempo para este estudio que non precisa mais ca un martelo e unha brúxula. E comezou o que sería o Laboratorio Xeolóxico de Laxe.
06 En Galicia non houbo unha gran minería, pero houbo unha grande investigación a finais do século XIX feita polos ingleses
Á volta á Universidade xa morrera o meu fillo e eu estaba retirado. Estou retirado do que pasa fóra de min, que xa non me afecta grandemente. Agradezo, si, as homenaxes e o recoñecemento polo labor que fixen.
07 Xa non espero nin desexo nada. A miña felicidade é que me olviden totalmente
Un é un grupo de células vexetais unha vez que se desmorona. Xa non queda nada, non pasa nada.
Se a obra ten valor, pois que utilicen a obra.
Sigo sendo Presidente do Laboratorio Xeolóxico de Laxe, pero xa non actúo como tal. A satisfacción para min, é que a cousa continúe moito despois de que eu morra, pero xa non teño influencia nin importancia.
Para proporcionar as experiencias mellores, utilizamos tecnoloxías como galletas para almacenar e/o información de dispositivo do acceso. Aceptando estas tecnoloxías deixarannos para procesar dato como botar unha ollada comportamento ou carnés de identidade únicos neste sitio. Non aceptando ou retirando consentimento, desfavorabelmente pode afectar funcións e características seguras.