01 Levei sempre comigo a vocación de mestre
No ensino non se pode ter máis vaidade que a satisfacción polos alumnos que un tivo.
02 Hai que amar o medio rural para coñecer Galicia
Nunca fun capaz de agatuñar por unha árbore arriba. Era o máis "zopenco" de todos os rapaces. Era amigo dos libros, das flores e dos paxaros.
03 Eu era soíño. En min só influían os que rezaran por min e a providencia
Pasei a vida no ensino. E cando houbo parénteses, seguín ensinando.
04 O galego é unha gran lingua, e diso temos que decatarnos
Unha chea de escritores, entre eles Cunqueiro, Rosalía e Castelao, deron exemplo de como Galicia podía recoller a súa personalidade a través da fala.
05 En Pontevedra fixeramos unha Sociedade da Lingua, e queríamos facer un diccionario galego
Non sabiamos da existencia do Seminario de Estudos Galegos ata chegar a Santiago, que Losada Diéguez nos invitou a entrar nel.
06 Da man de Ramon Martínez López, entrei nas Irmandades da Fala
Case todos os das Irmandades pasamos ao ao Partido Galeguista, que case non era un partido político, era un conxunto de idealistas.
07 Cada alumno ten unha personalidade, e hai que recoñecerlla
A xubilación aos 65 anos é contraproducente. O profesor pode seguir ensinando a aprender, animando, convencendo ao alumno.
Homenaxe a Antonio Fraguas en Lugo (09/10/1988)
Antonio Fraguas, sobre Rosalía
Conversa entre Xerardo Estevez, Ángel Rodríguez González e Antonio Fraguas y Fraguas sobre Santiago de Compostela (30/03/1985)
Non era polo moito que eu lles ensinaba, era quizais polo amor que puña no que ensinaba.
A miña vida, o que eu digo, non ten importancia ningunha.
Ensinar non é só ensinar a que aprendan as cousas, senón que aprendan a aprender.
Eu era Antonio de Insuela, da parroquia de Santiago de Loureiro, Concello de Cotobade, extramuros de Pontevedra.
Nunha guerra sempre ten razón o vencedor. Pero estamos aquí, e xa pasou todo.
Gustábame que o alumno se encariñase, e comprobase que podía responder ao que se lle preguntaba.
Para proporcionar as experiencias mellores, utilizamos tecnoloxías como galletas para almacenar e/o información de dispositivo do acceso. Aceptando estas tecnoloxías deixarannos para procesar dato como botar unha ollada comportamento ou carnés de identidade únicos neste sitio. Non aceptando ou retirando consentimento, desfavorabelmente pode afectar funcións e características seguras.