Entrevista a Emilio González López

Inicio / Podcasts / Entrevista a Emilio González López

Protagonistas relacionados

Escoitar podcast

Fragmentos seleccionados

01 En principio, coidei dedicarme a ser profesor de historia natural

Xoán Vicente Viqueira foi quen me amosou a poesía galega dos cancioneiros e tamén lle debo o amor á filosofía

02 Rof Carballo, Pedro Couceiro, Álvaro Cebreiro e eu, eramos a representacion do galeguismo no Instituto de A Coruña

Era aquela unha Coruña na que os obreiros participaban de xeito activo no movemento cultural e alta burguesía coruñesa, daquela republicana e liberal, tiña participación nunha serie de actividades e unha vida moi activa.

03 Sigo sendo republicano

Mentras o Rei desempeñe unha función que eu coido beneficiosa para España, eu o estimo e respecto, e considéroo un elemento especial para a democracia.

04 Despois de Lerroux, a violencia veu dos dous lados

Cando vén o Frente Popular, a República veuse asediada por dereitas e por esquerdas. A guerra civil foi, en realidade, o resultado do dobre asedio á República.

05 Fun oficialmente Consul Xeral de España en Suiza e Secretario Xeral da Delegacion de España na Liga das Nacións

En realidade era para dirixir unha gran rede de espionaxe que tiñamos dentro de Alemania na que colaboraban todas as forzas; a mellor forza de espionaxe que había daquela en Austria, Checoeslovaquia, Polonia e Alemania.

06 Para triunfar en América, hai que trocar a profesión

Pasei de xurista a historiador e profesor de literatura. A min recoñecéronme, non polos meus títulos, senón polos meus libros.

07 Sigo en Nova York en activo na Universidade

Teño unha oficina e recibo todos os libros que se publican en U.S.A. a través de préstamo intercolexial. Vexo Galicia como a gran esperanza.

Outros audios

Outros audios

Entrevista a Emilio González López en Radio Popular Lugo

Citas destacadas

Citas destacadas

O meu galeguismo fíxose máis forte fóra coa lonxanía da Terra

A democracia ten que empezar polos concellos. A vida parroquial ten tamén que ser recoñecida

Podcast en texto

[transcripcion]