01 Son un home conforme co seu destino
A noción de xustiza é superior á do dereito. O dereito é un instrumento porque o obxecto do dereito é lograr a xustiza.
02 Galicia non estaba pola dictadura, nin pola de Primo de Rivera nin por outras. Sufriunas, pero nunca as quixo
Vía moi ben a República, que foi devorada polos elementos que pretendían defendela. Foi recibida cunha expectación hospitalaria por todos, e implantouse en España como unha necesidade histórica.
03 A Lei de Responsabilidades Políticas de Serrano Suñer produciume unha das maiores repugnancias
Esas Leis persecutorias eu non as concibo en política nin noutra cousa. Hai un dereito bo e un dereito retorcido e malo.
04 Moitos quedaron no camiño. Teño que recordalos, porque estou aquí, e eles merecían estar
Os Colexios de Avogados teñen o gran mérito de que cando non se podía falar, nos Colexios falábase e protestábase. Sempre estiveron fronte a toda clase de ditaduras.
05 A Lei é un dereito e unha luz na escuridade. Un mal dereito é un crime colectivo
Nas ditaduras non hai avogados. Ser avogado é unha profesión, pero tamén é un apostolado. É o termómetro que dá idea da existencia das liberdades e da xustiza que hai nun pobo.
Non son nada pesimista. Son optimista. Primeiro porque hai unha cousa que facer e despois porque pode facerse.
Nacín co século, o 1 de xaneiro de 1901. E teño o compromiso de estar aquí mentres o século exista. [Faleceu en 1989]
Eu non tiña máis patrimonio ca o meu traballo. Eu atendino ben, e el atendeume a min.
O primeiro artigo que se escribiu contra a pena de morte foi un artigo meu na Voz de Galicia. E o primeiro sobre a tortura, tamén foi un artigo meu.
A soberanía é xurisdición, poder facer leis e facelas cumprir. Os concellos son soberanos na súa función.
Eu vexo moi ben a Galicia, incluso nos seus momentos febrís. Ten as posibilidades e as realidades que precisa para cumprir coa súa misión.
Para proporcionar as experiencias mellores, utilizamos tecnoloxías como galletas para almacenar e/o información de dispositivo do acceso. Aceptando estas tecnoloxías deixarannos para procesar dato como botar unha ollada comportamento ou carnés de identidade únicos neste sitio. Non aceptando ou retirando consentimento, desfavorabelmente pode afectar funcións e características seguras.